Historial

            O Grupo de Baile da Asociación Provincial de Coros e Danzas EIDOS organízase e créase na Coruña no ano 1.942, dentro do que daquela eran os “Coros y Danzas de la Sección Femenina”. Coa desaparición destes como organización e coa creación do Ministerio de Cultura, o grupo Eidos pasa a depender deste durante un breve espacio de tempo e intégrase, posteriormente, na Asociación Provincial de Coros e Danzas da Coruña. Esta asociación ten as súas orixes no ano 1973 sendo fundada polos antigos compoñentes do grupo e polos que, naquel momento, formaban parte del, e foi definitivamente legalizada no ano 1976. No ano 1982 a Asociación adopta e engade ao seu nome o patronímico Eidos, que xa viña utilizando o grupo de baile nas súas actuacións.

 

            Desde o momento da súa creación, esta entidade dedicouse ao estudio, investigación, conservación e divulgación do folclore galego, especialmente no referido a baile, música, canto e indumentaria tradicional. Froiro deste labor de tantos anos son a grande cantidade de bailes que figuran nos seus arquivos, moitos deles debidamente documentados nos seus historiais e músicas. Tamén se conservan nos arquivos de Eidos unha boa mostra de partituras musicais e coplas, recollidas directamente polos compoñentes do grupo nun importante traballo de investigación. Respecto á indumentaria tradicional, Eidos posúe unha importante colección de pezas orixinais de diversas comarcas de Galicia e que estiveron, durante varios anos, expostas no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, encargándose hoxe a propia Asociación da súa custodia.

 

            Ao longo da súa historia EIDOS organizou e colaborou en concursos infantis e xuvenis de baile, conferencias, coloquios, exposicións, cursos de baile e de didáctica do mesmo, mostras de traxes, etc... Na actualidade forma parte da FEDERACION DE ASOCIACIONES DE COROS Y DANZAS DE ESPAÑA (FACYDE) e organiza, co patrocinio do Excmo. Concello da Coruña, o FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE “CIDADE DA CORUÑA”, membro activo numerario de CIOFF-España.

 

Contacto

Asociación

Coros e Danzas 

Eidos

 

Enderezo:

Maqués de Cerralbo 8

15001 A Coruña

España

 

Tel. 00.34.981.221.169

Fax00.34.981.221.169

asociacion@corose

danzaseidos.com

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS