Historial

 

 

O Festival Internacional de Folclore “Cidade da Coruña iníciase no ano 1.987, por iniciativa da Asociación Provincial de Coros e Danzas “Eidos” da cidade da Coruña e dentro da Romaría Internacional. Nesa primeira edición, o Festival só contou con un día de actuacións, xa que os grupos que achergou a Romaría Internacional estaban comprometidos, e a propia Romaría tiña a súa estrutura predeterminada.

 

A partir do ano 1.988 a Asociación Provincial de Coros e Danzas “Eidos” considerou que o Festival podía ter a súa personalidade propia e independente doutro festival maior. Ese mesmo ano presentou ao Ilmo. Sr. Alcalde da Coruña, Sr. D. Francisco Vázquez Vázquez,  un proxecto no que se incluían tres días de actuacións, catro grupos estranxeiros, dous grupos españois e tres grupos galegos, así como a posibilidade de que o Festival pasase a formar parte integrante das Festas de María Pita, que se celebran durante todo o mes de agosto. Aceptado por parte municipal o proxecto, o Festival Internacional de Folclore “Cidade da Coruña” acabouse consolidando como tal e veu desenvolvéndose de maneira ininterrompida ata o momento actual.

 

No ano 1.989 é recoñecido como Socio Adherido á Sección Española do CIOFF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folclore e das Artes Tradicionais), e pasa no ano 1.991 á categoría de Socio Activo Numerario da entidade antes indicada, categoría que segue a manter na actualidade, formando parte do Circuíto Norte de Festivais de CIOFF-España.

 

Os obxectivos que levaron á Asociación Provincial de Coros e Danzas “Eidos” a organizar este evento, co patrocinio do Excmo. Concello da Coruña, son os de achegar ao pobo da Coruña e a todos aqueles que nos visitan durante o mes de agosto: as culturas doutros pobos, doutras comunidades e doutras nacións, mediante os cantos, bailes e indumentarias que, doutra maneira, non sería un labor doado; establecer os lazos de amizade e convivencia entre os compoñentes dos diversos grupos; facilitar o entendemento por riba de credos políticos, relixiosos, lingüísticos ou ideolóxicos e, asemade, facer que o nome da nosa cidade estea presente nos organismos internacionais relacionados coa cultura popular.

Contacto

Asociación

Coros e Danzas 

Eidos

 

Enderezo:

Maqués de Cerralbo 8

15001 A Coruña

España

 

Tel. 00.34.981.221.169

Fax00.34.981.221.169

asociacion@corose

danzaseidos.com

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS