REGULAMENTO INTERNO

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE COROS E DANZAS “EIDOS”

 

Art.  1.- A actividade da Asociación Provincial de Coros e Danzas EIDOS céntrase no mantemento e promoción do Grupo de Bailes “EIDOS” e de calquera outro que puidese adherirse ou crearse no seo da mesma, obxectivo para o que foi creada e como consecuencia dos fins propios da Asociación contidos no artigo 2° dos seus Estatutos.

 

Art.  2.-  Todas as xestións administrativas a nivel oficial que atingan aos grupos que se mencionan no artigo anterior serán realizadas pola Asociación, por ser esta a única entidade con personalidade xurídica capacitada a tal efecto.

 

Art.  3.- O vestiario e galardóns dos Grupos de Actividades da Asociación serán patrimonio da mesma, así como todo o proveniente do “Grupo de Coros y Danzas de la Sección Femenina de la Fet y de las Jons” do que é continuador o grupo actual e cuxo historial asume.

 

Art.  4.- A persoa que haxa de dirixir cada un dos Grupos de Actividades será nomeada  pola Xunta Directiva da Asociación, a proposta dos compoñentes dos mesmos, debendo presentar para iso unha proposta na que figuren un máximo de dous candidatos que deberán manifestar a súa conformidade. O cambio de Director de Grupo de Actividades poderá producirse:

            - Por demisión da persoa encargada da Dirección de Grupo.

            - Cando as circunstancias así o aconsellen.

            - A proposta dos 2/3 dos compoñentes do Grupo.

            A decisión final deste apartado corresponde á Xunta Directiva.

 

Art.  5.- Corresponde á Xunta Directiva da Asociación a aprobación dos proxectos de actividades ou dos Grupos de Actividades.

 

Art.  6.- Dentro dos Grupos de Actividades poderán organizarse comisións de traballo encargadas da atención de todas aquelas tarefas que se considere necesario para un mellor funcionamento dos mesmos.

 

Art.  7.- Os ingresos dos Grupos de Actividades en concepto de actuacións, subvencións, convenios ou doazóns pasarán a formar parte dos recursos económicos da Asociación, estando obrigada esta a sufragar os gastos ocasionados por aqueles, sempre que non vaia en prexuízo dos intereses e obxectivos da Asociación.

 

Art.  8.- O Grupo de Bailes EIDOS estará representado na Xunta Directiva da Asociación debendo ser, polo menos,2 vogais desta membros do Grupo de Bailes. As outras actividades creadas ou que se vaian creando terán tamén representación na Xunta Directiva mediante 1 vogal, normalmente a persoa encargada da súa dirección, que será designada por dita Xunta na que se integrará directamente Será vogal nato da Xunta Directiva o Director do Grupo de Bailes EIDOS.

 

Art.  9.- Calquera socio numerario que estea en plenitude dos seus dereitos poderá ser candidato aos postos de: Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro, Asesor ou Vogal. Para as vogalías de Grupo, Festival Internacional de Folclore, Escola de Actividades e Dirección de EIDOS ademais do antes indicado deberá reunir as condicións precisas para tales postos.

 

Art. 10.- Os membros da Xunta Directiva será elixidos por un período de 2 anos, podendo presentarse á reelección cantas veces quixeren.

 

Art. 11.- Os membros da Xunta Directiva poderán ser reelixidos cantas veces así o determine a Asemblea Xeral Extraordinaria cos seus votos.

 

Art. 12.- Para ser candidato a un posto na Xunta Directiva abonda con presentar a candidatura dentro dos prazos que se establezan para iso, podendo presentar candidatura a cantos postos se desexe. No caso de presentar candidatura a varios postos, só se poderá ser elixido para un deles, sen que isto impida que un membro da Xunta Directiva elixido por votación poida asumir á vez unha vogalía de designación directa

 

Art. 13.- As candidaturas para a Xunta Directiva serán en listas abertas confeccionadas cos candidatos que, individualmente, se presenten para cada posto.

 

Art. 14.- Para ser membro do Grupo de Bailes EIDOS ou de calquera outro que puidese crearse no seo da Asociación, é condición indispensábel ser socio da mesma.

 

Art. 15.- Corresponde ao Director de Actividades de cada grupo:

 

            - A dirección dos ensaios e actuacións do grupo.

 

  - Establecer os días e horas dos ensaios, atendendo ao mellor    

    funcionamento do grupo e ás disponibilidades dos seus compoñentes.

 

            - Establecer o programa de ensaio e os programas das actuacións, así

              como de signar as persoas que vaian participar neles.

 

            - Determinar cantas normas e detalles sexan precisos para o

              desenvolvemento das actividades propias do grupo que dirixa.

 

            - Designar a persoa ou persoas que, na súa ausencia, deban desempeñar

              as sú as funcións.

 

Art. 16.- Son obrigas do Director de Actividades de cada grupo:

 

            - Asistir aos ensaios do grupo e dirixir os mesmos.

 

            - Resolver os problemas que, dentro do grupo, poidan xurdir atendendo ao

    interese xeral e recorrendo, se for preciso, á Xunta Directiva da

    Asociación.

 

- Informar os compoñentes do grupo das actuacións que haxa que realizar,

  así como dos programas das mesmas.

 

            - Asistir á recollida de material folclórico que sexa competencia do grupo

              que dirixe.

 

            - Designar a persoa ou persoas que, na súa ausencia, deban desempeñar

              as sú as funcións.

 

            - Propór á Xunta Directiva da Asociación as actuacións para realizar e o

              labor de investigación a levar a cabo.

 

Art. 17.- Son dereitos dos compoñentes dos Grupos de Actividades:

 

            - Estaren representados na Xunta Directiva da Asociación.

 

            - Presentaren á Xunta Directiva da Asociación os candidatos ao posto de

              Director de Grupo.

 

            -Estaren informados das actuacións así como dos programas das mesmas.

 

           - Solicitaren ao Director de Grupo a exención de asistencia a ensaios ou

             actuacións de maneira temporal e por causa grave e xustificada.

 

            - Participaren na recollida de material folclórico que sexa competencia do

              grupo ao que pertezan co visto e prace do Director de Grupo.

 

            - Crearen comisións de traballo encargadas de distintas actividades do

              grupo e que non sexan competencia exclusiva do Director de Grupo ou

              da Xunta Directiva da Asociación.

 

            -Recorreren á .Xunta Directiva da Asociación se for necesario para a

             resolución dos problemas internos que puidesen xurdir.

 

            - Calquera outro que, como membro da Asociación, estea contemplado

              nos seus Estatutos.

 

Art. 18.- Son obrigas dos compoñentes dos Grupos de Actividades:

 

            - Seren membros da Asociación de Coros e Danzas EIDOS.

 

            - Elixiren as persoas que representen o grupo na Xunta Directiva da

              Asociación.

 

            - Asistiren puntualmente aos ensaios e actuacións do grupo no que estean

              integrados.

 

            - Acataren as normas que determine o Director de grupo.

 

            - Participaren na recollida de material folclórico cando así o determine o

              Director de grupo, agás nos casos debidamente xustificados.

 

            - Participaren en todas as actividades que organice o grupo no que estean

              integrados.

 

 

            - Calquera outro que, como membros da Asociación de Coros e Danzas

              EIDOS, estea contemplado nos seus estatutos.

 

 

 

            Aprobado por unanimidade na Asemblea Xeral celebrada o día 26 de abril

            de 2001.

 

 

¡Texto! Puede insertar contenido, moverlo, copiarlo o eliminarlo.

Lorem ipsum dolor sit amet, consetetur sadipscing elitr, sed diam nonumy eirmod tempor invidunt ut labore et dolore magna aliquyam.

 

 

Contacto

Asociación

Coros e Danzas 

Eidos

 

Enderezo:

Maqués de Cerralbo 8

15001 A Coruña

España

 

Tel. 00.34.981.221.169

Fax00.34.981.221.169

asociacion@corose

danzaseidos.com

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS