· Muiñeira de Bergantiños (1968): é unha muiñeira vella recollida no concelo de Malpica de Bergantiños (A Coruña).
Música instrumental.
· Muiñeira da gandareira (1992): recolllida en Visantoña, Concello de Santiso (A Coruña). Música
instrumental.
· Muiñeira de Marazoi (1987): recollida en Marazoi/Salto. Concello de Oza dos Ríos (A Coruña). Música
instrumental.
· Muiñeira mariñá: montada con puntos recollidos nas mariñas (Noroeste da Coruña). Música instrumental.
· Muiñeira montañesa (1952): montada con puntos recollidos en Curtis (A Coruña). Música instrumental.
· Muiñeira vella de Mórdomo (1968): recollida en Mórdomo, Concello de Laxe (A Coruña). Música instrumental ou
pandeiretas e coplas.
· Muiñeira vella de Neaño (1984): recollida en Cesullas/Neaño, Concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña).
Acompañada de pandeiretas e coplas.
· Muiñeira de Pesadoira (1963): baile montado con datos bibliográficos e puntos recollidos en Pesadoira, Concello de
Negreira (A Coruña). Música instrumental.
· Muiñeira de Santa María de Torás (1954): muiñeira vella recollida en Torás, Concello de Laracha (A Coruña).
Presentouse habitualmente como “Danza de Santa María de Torás”. Música instrumental.
· Muiñeira vella de Río de Va (1971/1992): recollida en Mens, Concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña).
Acompañada de pandeiretas e coplas.
· Muiñeira de Teaio (1988): recollida en Teaio/Laíño, Concello de Dodro (A Coruña). Música
instrumental.
· Xota de Beigondo (1992-1993): recollida en Beigondo/ Visantoña, Concello de Santiso (A Coruña). Música
instrumental.
· Fandango: baile montado con diversos puntos. Música instrumental
· Xota Coruñesa ou “Das Logradas” de Fisterra (1986): recollida en Fisterra (A Coruña). Música
instrumental.
· Maneo de Bergantiños: baile montado con puntos recollidos en Torás, Concello de Laracha (A Coruña). Música
instrumental ou acompañada de pandeiretas e coplas.
· Xota de Marazoi (1987): recollida en Marazoi/Salto, Concello de Oza dos Ríos (A Coruña). Música
instrumental.
· Xota roubada de Neaño (1984): recollida en Cesuras/Neaño, Concello de Cabana de Bergantiños. Música
instrumental.
· Pateado de Teaio (1989): recollida en Teaio/Laíño, Concello de Dodro (A Coruña). Acompañamento de pandeiretas e
coplas.
· Pandeiretada de San Breixo de Oza: recollida en Oza, Concello de Carballo (A Coruña). Formada por unha muiñeira e
un maneo. Acompañada de pandeiretas e coplas.
· Pandeiretada de Limiñoa (1996): recollida en Limiñoa/Cores, Concello de Ponteceso (A Coruña). Formada por unha
muiñeira e un maneo. Acompañada de pandeiretas e coplas.
· Ruada do Freixal (1989-1990): recollida en Tarambollo/Guntín/Sofán, Concello de Carballo (A Coruña). Formada por
unha muiñeira e un maneo. Acompañada de pandeiretas e coplas.
· Danza ou farsa de Damas e Galáns (1946): danza procedente de Lavadores, Concello de Vigo (Pontevedra). Montada con
datos bibliográficos. Música instrumental.
· Danza e contradanza de Santa María de Darbo: danza procedente de Darbo (Pontevedra). Montada con datos
bibliográficos e posterior recollida “in situ”. Música instrumental.
· Muiñeira de Cangas: música instrumental.
· Muiñeira carballesa: muiñeira montada con datos bibliográficos. Música instrumental.
· Muiñeira do contrapaso (1949): muiñeira montada con datos bibliográficos. Música instrumental.
· Cadeo do Espantallo (1954): recollida en Cobas e Castro, Concello de Narón (A Coruña). Música
instrumental.
· Muiñeira de Espiñaredo (1962): recollida en Espiñaredo, Concello de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
Música instrumental.
· Pandeiro de Vigo: baile acompañado de pandeiretas e coplas.
· Muiñeira das Patelas (1959): recollida na Pobra do Caramiñal (A Coruña). Música instrumental.
· Muiñeira Redonda da Laracha (1984): recollida en Laracha, Concello de Laracha (A Coruña). Música
instrumental.
· Muiñeira Ribeirá: baile montado con datos bibliográficos. Música instrumental.
· Muiñeira de Tapia (1989): recollida en Tapia, Concello de Ames (A Coruña). Acompañada de pandeiretas e
coplas.
· Foliada de Anllóns (1968): recollida en Anllóns, Concello de Ponteceso (A Coruña). Música instrumental que pode ir
acompañada de coplas.
· Xota de Paradela (1979): baile montado por X.M. Pérez Alonso sobre a partitura musical de M.A. López
Paradela.